NERVIOSISMO NO PARTIDO DE GOBERNO

Podemos Ourense condena a adopción unilateral do PXOM polo PP

“A medida denota falta de senso democrático e a existencia de intereses ocultos na xestión urbanística do PP, que despreza o ben común da cidade”. 

Podemos Ourense condena a adopción unilateral do PXOM polo PP

Desde Podemos Ourense condenamos a aprobación unilateral do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por parte da Xunta de Goberno do Partido Popular (PP) do Concello de Ourense. O PXOM debe plasmar o modelo de cidade que todas e todos queremos, poñendo por riba o ben común de Ourense e non só o parecer dun partido que, falto de senso democrático, tal e como denota o seu desprezo do voto en Pleno, apura as súas últimas horas á fronte da Corporación para salvagardar os intereses dos poderes e grupos aos que se debe.

O PP persiste en impoñer o seu plan opaco e non consensuado, poñendo á cidade ao borde do precipicio dunha nova nulidade do PXOM e, de paso, evidenciando intereses ocultos na súa xestión urbanística. Podemos Ourense entende que o PXOM ten que ser a resultante de amplos consensos políticos que emanen da intelixencia colectiva das ourensás e dos ourensáns, tendo en conta as diferentes sensibilidades, situacións e realidades - individuais, colectivas e espaciais- en liza, en estreita cooperación e interacción con técnicos do Concello e expertos, nomeadamente urbanistas e arquitectos.

O partido conservador só ve no PXOM un beneficio económico inmediato para uns poucos, baseando o eventual crecemento da cidade no único sector do ladrillo, que xa ten amosado no pasado os seus límites á hora de apuntalar un desenvolvemento sostido, extensivo e equitativo. Podemos Ourense interpreta o Plano de Ordenación Municipal coma unha poderosa ferramenta para fundar os cimentos dunha cidade do século XXI, unha urbe na que se poida vivir dignamente, de todas e todos, en consonancia cos obxectivos da Axenda 2030.

Fin de ciclo e electoralismo do PP

Tras anos de impase, ata o punto de que Ourense é a única das sete cidades galegas en carecer de tal Plano a día de hoxe, non sendo sucesivas corporacións capaces de consensuar e aprobar o PXOM; é unha indignidade, que denota a carencia de ética política e de espírito democrático, a adopción dunha medida tan transcendental para o futuro da nosa cidade a poucos días do inicio da campaña dunhas eleccións municipais chamadas a cambiar o sino, e o sentido, do Concello de Ourense.

Deixando de lado o teatriño triunfalista protagonizado por Baltar II para xustificar a desfeita do PP, e das declaracións do aínda alcalde, Jesús Vázquez, quen sinalou que “hai que saber ler os resultados”, coma se só aqueles iniciados imbuídos dunhas certas capacidades intelectuais fosen quen de albiscar algo que aos demais se nos escapa; o reconto de votos do pasado 28 de abril anuncia que na cidade de Ourense, e mesmo na provincia, a longa noite de pedra do PP toca á súa n. Diante de tal escenario, semella que todo vale, mesmo a utilización das institucións para facer campaña, xa sexa aprobando con nocturnidade e aleivosía o PXOM ou anunciando rebaixas scais de calado, medidas a todas luces improcedentes no actual período post e pre electoral, que Podemos Ourense denunciará diante da Xunta Electoral.

Fonte: 21 Noticias