CANDIDATURA

David Alvarado Roales, candidato á alcaldía

David - ext - Edit
David Alvarado Roales, candidato á alcaldía de Ourense de Unidas Podemos - EU.
David Alvarado Roales, candidato á alcaldía

Pai, politólogo, consultor internacional e xornalista. Pontino alén do barrio. Candidato de Unidas Podemos á alcaldía de Ourense nas eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

Formado inicialmente en Galicia, instalouse en Rabat entre 2003 e 2018, onde compaxinou as súas tarefas académicas e de investigación coa actividade informativa. Neste campo, foi correspondente para o norte de África, columnista, colaborador e mesmo responsable de redacción en diferentes medios, tanto de prensa escrita como audiovisual, nacional e internacional.

Fronte á posibilidade de dar o salto a algunha outra capital mundial, David Alvarado Roales tomou en verán de 2018 a decisión persoal de retornar ao seu Ourense natal coa intención de poñer ao servizo do seu pobo a súa experiencia e coñecementos

Profesor da Universidade Internacional de Rabat e investigador asociado en diferentes centros e laboratorios de ideas, David Alvarado Roales é tamén director executivo dunha sociedade internacional que opera nos eidos da producción audiovisual, medios, comunicación e relacións públicas, consultoría empresarial e intelixencia económica.

Dentro da súa actividade profesional, foi autor de artigos académicos e análises publicados en revistas especializadas e obras colectivas sobre temas de actualidade internacional. A maiores, dou ao prelo os libros La yihad a nuestras puertas: La amenaza de Al Qaeda en el Magreb Islámico (Akal, 2010) e Rif. De Abdelkrim a los indginados de Alhucemas (Catarata, 2017). 

A percepción do declive democrático da xestión municipal, o rexeitamento de pleno aos clientelismos e a convicción de que a xestión local debe retornar ás mans da cidadanía xermolaron o desexo de postularse á fronte da candidatura de Unidas Podemos de cara aos próximos comicios

Fronte á posibilidade de dar o salto a algunha outra capital mundial, David Alvarado Roales tomou en verán de 2018 a decisión persoal de retornar ao seu Ourense natal coa intención de poñer ao servizo do seu pobo a súa experiencia e coñecementos no ámbito político, económico, social e cultural.

Este desexo, unido á percepción do declive democrático da xestión municipal, o rexeitamento de pleno aos clientelismos e a convicción de que a xestión local debe retornar ás mans da cidadanía xermolaron o desexo de postularse á fronte da candidatura de Unidas Podemos de cara aos próximos comicios.