CANDIDATURA

A. Víctor Ferreiro Outomuro, nº 5 da lista electoral ao Concello de Ourense

A. Víctor Ferreiro Outomuro, número 5 da candidatura de Unidas Podemos - EU ao Concello de Ourense.
A. Víctor Ferreiro Outomuro, número 5 da candidatura de Unidas Podemos - EU ao Concello de Ourense.
A. Víctor Ferreiro Outomuro, nº 5 da lista electoral ao Concello de Ourense

Este barcelonés de nacemento leva xa máis de tres décadas residindo en Ourense, terra dos seus devanceiros. 

Titulado como Técnico Administrativo e actualmente encargado de loxística nunha empresa de transportes, a súa nómina de actividades é rica e variada. 

Así, ten dirixido un programa de radio e participado en obras de teatro e curtametraxes, escribe de forma máis ou menos regular e a música e unha das súas grandes paixóns. A maiores, Víctor Ferreiro tenta involucrarse en todas as actividades relacionadas coa xustiza social en Ourense e reservar algo de tempo para adicarllo á súa filla.

Víctor Ferreiro asume o desafío de formar parte dunha candidatura chamada a mudar o xeito de facer política nunha cidade paralizada por dinámicas caciquís instaladas durante décadas

No eido político, é Secretario Xeral de Podemos en Ourense e forma parte do Consello de Coordinación Galego da formación de Pablo Iglesias. Coa vista posta nas eleccións municipais, asume o desafío de formar parte dunha candidatura chamada a mudar o xeito de facer política nunha cidade paralizada por dinámicas caciquís instaladas durante décadas. 

Para iso, compromete responsabilidade na tarefa de axudar a construir un concello transparente, participativo e que teña como base das súas políticas a xustiza social, co obxectivo de facer de Ourense unha cidade máis moderna, culta e solidaria.

comentarios