NOTA DE PRENSA

Antón Gómez Reino, David Alvarado, Eva Solla e Luca Chao presentan en Ourense as propostas de Unidas Podemos para construir un futuro para a cidade

Cartel do mitin central na Ponte Romana, o 21 de maio ás 20h00.
Cartel do mitin central na Ponte Romana, o 21 de maio ás 20h00.
Antón Gómez Reino, David Alvarado, Eva Solla e Luca Chao presentan en Ourense as propostas de Unidas Podemos para construir un futuro para a cidade

Ourense, 21 de maio de 2019.-

A candidatura de Unidas Podemos ás eleccións ao Concello de Ourense protagonizará este martes un acto público para presentar á cidadanía algunhas das súas propostas reais e efectivas para construir un futuro para a cidade  convertila nun espazo de conviencia xusto, solidario, equitativo e centrado nos cidadáns.

O acto central desta campaña electoral, durante a que os integrantes da candidatura mantiveron multitude de reunións para pulsar o estado dos distintos sectores da cidade, se celebrará a partir das 20.00 horas na Ponte Romana (nas escaleiras do lado do barrio da Ponte), e contará coa participación do secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino; da coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, e da deputada autonómica de Podemos Luca Chao.

Unidas Podemos Ourense aposta pola conformación dun Concello alonxado dos clientelismos actuais, que sexa máis xusto e máis equitativo e confíe realmente no futuro da cidade e dos seus cidadáns.

As propostas –que poden consultarse ao detalle na web da candidatura na dirección www.unidaspodemosourense.com- pasan por una cidade inclusiva e igualitaria, na que teñan cabida todos os sectores sociais; máis e mellores servicios públicos; unha xestión máis eficiente dos mesmos, e a aposta pola remunicipalización e o emprego, coa vista posta nos autónomos e nas pequenas empresas, ademais da efensa dun envellecemento digno, activo e saudable.

Podemos Ourense tamén centrará a súa acción de goberno na ecoloxía, a mellora da mobilidade na cidade, a facilitación da vivenda, a atención á infancia e á conciliación, e a aposta pola xuventude, con oportunidades de futuro, cultura e ocio alternativo.

Finalmente, e xunto coa intención de posicionar Ourense en Galicia, en España e no mundo, acorde co seu peso cultural, económico e poboacional real, Unidas Podemos defende una xestión política transparente, democrática e participativa das institucións locais, centrada no cidadán e oposta ao clientelismo dominante actualmente na cidade

Saúdos,

Unidas Podemos Ourense

Lugar: Ponte Romana

Día: 21 de maio.

Hora: 20h.

Nota de prensa en formato pdf

comentarios