Unidas Podemos pecha a campaña recordando que é o “único voto útil” para garantir o futuro de Ourense

David Alvarado, recorda a súa aposta polos barrios, o progreso, a equidade, a transparecia e a recuperación da dignidade dos ourensáns tras décadas escuras de política municipal.

84EA2486-4556-4BD7-A730-A77A9C03C103
84EA2486-4556-4BD7-A730-A77A9C03C103
Unidas Podemos pecha a campaña recordando que é o “único voto útil” para garantir o futuro de Ourense

OURENSE, 24 de maio

Aproveitando a última xornada de campaña, os integrantes da candidatura de Unidas Podemos Ourense estiveron repartindo información sobre as súas propostas no barrio da Ponte, facendo fincapé na importancia de implicar a todos os veciños e contar cos barrios para edificar unha política verdadeiramente plural en Ourense. De feito, a descentralización dos servizos, a mobilidade ou os consellos barriais que atendan as necesidades particulares de cada área son un dos eixos centrais da estratexia que Unidas Podemos ten para crear futuro na cidade.

Do mesmo xeito, os integrantes da que é a única lista de progreso á Alcaldía desplazaronse até a estación do tren da cidade, donde trasladaron as súas propostas aos viaxeiros do tren Alvia procedente de Madrid.

Esta acción simbólica quixo facer partícipes da posibilidade de cambio e futuro para a cidade de forma especial aos numerosos ourensáns que se ven obrigados a empregar este medio de transporte para desplazarse a traballar a Madrid, tendo que levar tamén a súa vida lonxe da súa terra, dada a falta de oportunidades derivada do desleixo e a inacción dos distintos gobernos locais.

A todos eles, Unidas Podemos quixo trasladarlles que Ourense e os seus veciños teñen capacidade, posibilidades e ferramentas para construir un futuro de seu da man da única candidatura de progreso ao goberno local, a que encabeza David Alvarado.

LOITA CONTRA O CLIENTELISMO

Ante os alí presentes, o candidato á Alcaldía da cidade recordou que o de Unidas Podemos é “o único voto útil para xerar un futuro de oportunidades para Ourense” e demostrar que “é posible outra forma de facer política municipal”, lonxe do clientelismo e que dea voz ao cidadán.

En particular, David Alvarado instou aos ourensáns a recuperar a dignidade perdida por sucesivos gobernos locais con discursos catastrofistas, que taparon coa súa mala xestión o potencial da cidade. 

"O primeiro que se ten que dar conta o ourensán é que vivimos na terceira cidade de Galicia e abandoar ese complexo de que esta é unha pequena aldea de interior, sen oportunidades, porque é o que nos teñen dito os políticos mediocres que gobernan desde hai lustros”, dixo David Alvarado.

NOVO MODELO DE CRECEMENTO

David Alvarado garantiu o seu compromiso con un novo modelo de crecemento, que atenda á ecoloxía e ás enerxías verdes, e preste apoio de forma especial a pemes e autónomos, fomentando tamén o asociacionismo e o crecemento en rede, o coidado dos maiores e da infancia, cuxos servizos están hoxe en día "nunha situación lamentable".

A maiores, o candidato á Alcaldía de Ourense reiterou a súa aposta por mellorar os servizos na cidade, a súa accesibilidade e o trato digno aos traballadores. Neste senso, recordou que Unidas Podemos analizará a “remunicipalización daqueles servizos cuxa utilidade non está garantida, de xeito ordenado e racional, tras un estudo que determine se a mellor opción é a xestión directa, a creación dunha empresa pública ou a convocatoria dun novo concurso sobre a base duns pregos que teñan nomeadamente en conta aos usuarios, pero tamén aos traballadores destes servizos”.

O domingo, apuntou David Alvarado, os ourensáns terán na súa man a posibilidade de cambiar o rumbo das políticas municipais e a chave do futuro da cidade, un futuro que só pode levar o nome de Unidas Podemos.