PROGRAMA

Un Ourense social

Para que Ourense sexa dos seus cidadáns, que precisan duns servicios ordenados, xustos, transparentes e de calidade.
Para que Ourense sexa dos seus cidadáns, que precisan duns servicios ordenados, xustos, transparentes e de calidade.
Un Ourense social

Porque Ourense é, á fin e ao cabo, dos seus cidadáns, que precisan duns servicios ordenados, xustos, transparentes e de calidade.

  • Reforzar os recursos educativos
  • Crear escolas infantís gratuítas municipais para nenos e nenas entre 0 e 3 anos.
  • Rehabilitación e mantemento dos colexios en igualdade de condicións, non priorizar os colexios do centro sobre os demais.
  • Rede de profesionais que impartan cursos de educación viaria, de primeiros auxilios, idiomas, educación afectivo sexual, etc.
  • Dar alternativas aos pais á hora de deixar a nenos nos colexios, ofrecer parkings alternativos, zonas de estacionamento temporal e promocionar que os pais poidan non ter que levar aos nenos e nenas ao colexio no coche.
  • Entrada graduada dos nenos ao colexio.
  • Axuda a material escolar. Nas idades de 3 a 6 anos, e dependendo da renda, tamén incluír os libros. Debérase facer un baremo entre idades e necesidades.
  • Comedor escolar. Comida de proximidade, cátering xestionado, vixiado e contratado polo Concello, garantindo a calidade da comida.
  • Crear bolsas comedor
  • Dotar aos colexios de educadores e educadoras sociais
  • Fomentar os medios de conciliación
  • Crearemos o recuncho de madrugadores nos colexios desde as 07:00 horas da mañá
  • Estableceremos campamentos de verán inclusivos
  • Conciliación familiar. Ludotecas dos centros cívicos e instalacións deportivas con horarios ampliados que axuden á conciliación, así como habilitar máis espazos para eles.
  • Os colexios públicos deben poder estar abertos para o desenvolvemento de todas estas actividades extraescolares e deportivas.
  • Poñer en marcha medidas de promoción e protección da saúde
  • Desenvolveremos as competencias municipais en materia de saúde e sanidade. Reivindicación do papel dos concellos en materia de promoción da saúde, hábitos de consumo e saúde ambiental.
  • Crearemos estruturas municipais integradas na rede sanitaria pública para desenvolver labores de inspección e control.
  • Suprimiremos a venda de produtos non saudables en institucións públicas (Máquinas de vending, quioscos, cafetarías, etc, de hospitais, colexios, instalacións deportivas).
  • Promoción da actividade física e prescrición da mesma en espazos públicos. Establecemento de mecanismos para facilitar o acceso da cidadanía a instalacións deportivas.
  • Inclusión de cláusulas sociais e de saúde nos procesos de licitación.
  • Crearemos o servizo municipal bucodental
  • Apostaremos por un servizo municipal de saúde mental (Psiquiatría e Psicoloxía)
  • Apostar polo benestar animal
  • Crearemos un censo municipal de animais
  • Aumentaremos os parques caninos
  • Crearemos unha App para móbil que sirva tanto para a adopción de animais como para a localización e notificación de animais perdidos
  • Programa de control de colonias felinas
  • Campañas de esterilización, vacinación, desparasitación e detección de animais con síntomas de enfermidade
  • Servizo veterinario municipal
  • Remunicipalización da canceira municipal e colaboración cos voluntarios. Control de pragas (ratas, pombas, etc)
  • Pipicans e concienciación sobre recollida de excrementos.

comentarios