PROGRAMA

Renovada ilusión e xeración de oportunidades

Brotes
É urxente devolver a ilusión aos nosos veciños e que Ourense ocupe o lugar que realmente lle corresponde.
Renovada ilusión e xeración de oportunidades

É urxente, polo tanto, devolver a ilusión aos nosos veciños, que Ourense ocupe o lugar que realmente lle corresponde e que todas, non só nos gabemos de ter nacido na urbe que foi faro cultural e berce de intelectualidade pola súa historia, senón tamén polo seu presente e polo seu esplendoroso futuro.

Para ilo, apremia facerse coas rendas da aínda terceira cidade galega, que conta cuns activos, reais e potenciais, susceptibles de ser activados e mobilizados para medrar e expandirse, para crear novas oportunidades e consolidar novos espazos de influencia e relevancia no noso pais e no Estado español, amais de en Europa e mesmo máis alá.

Apremia facerse coas rendas da aínda terceira cidade galega, que conta cuns activos, reais e potenciais, susceptibles de ser activados e mobilizados para medrar e expandirse, para crear novas oportunidades e consolidar novos espazos de influencia e relevancia no noso pais e no Estado español, amais de en Europa e mesmo máis alá