PROGRAMA

Urbe de referencia inserida no mundo

O noso proxecto ten unha mirada estratéxica para o desenvolvemento socioeconómico, avance democrático, innovación tecnolóxica, igualdade de xénero, loita contra a contaminación e o cambio climático.
O noso proxecto ten unha mirada estratéxica para o desenvolvemento socioeconómico, avance democrático, innovación tecnolóxica, igualdade de xénero, loita contra a contaminación e o cambio climático.
Urbe de referencia inserida no mundo

Amais dunha cidade que sitúe canda as súas veciñas no centro, faremos de Ourense unha cidade de referencia, acolledora e coidada.

Para isto é urxente impulsar un proxecto socioeconómico chamado a reverter as dinámicas que teñen acentuado as diferencias entre persoas e barrios, abrindo a transición cara unha urbe que non sexa allea aos grandes desafíos económicos, sociais, medioambientais e enerxéticos do novo milenio.

É urxente impulsar un proxecto socioeconómico chamado a reverter as dinámicas que teñen acentuado as diferencias entre persoas e barrios, abrindo a transición cara unha urbe que non sexa allea aos grandes desafíos económicos, sociais, medioambientais e enerxéticos do novo milenio

O noso programa inclúe medidas urxentes, que non poden esperar, pero, sobre todo, ten unha mirada estratéxica, de medio e longo prazo, para o desenvolvemento socioeconómico, o avance democrático, a innovación tecnolóxica, a igualdade de xénero, a loita contra a contaminación e o cambio climático, así como para todos aqueles eidos e aspectos que podan facer de Ourense unha cidade de dereitos e oportunidades.

comentarios