PROGRAMA

Un Ourense cultural e con futuro

Protexeremos o patrimonio cultural ourensán en todas as súas variantes e manifestacións. Recuperaremos e ampliaremos todas as actividades culturais abolidas polas políticas anti-culturais do PP.
Protexeremos o patrimonio cultural ourensán en todas as súas variantes e manifestacións. Recuperaremos e ampliaremos todas as actividades culturais abolidas polas políticas anti-culturais do PP.
Un Ourense cultural e con futuro

A bagaxe cultural de Ourense, histórica, presente e actual, e o aproveitamento do potencial dos nosos mozos son as armas de futuro para engrandecer a cidade.

Fomentar unha cidade viva

Ourense é unha das cidades galegas con máis vida cultural. A pesares de que sempre foi a máis maltratada polas administracións e polo Goberno da Xunta de Galicia, a cidadanía ourensá mantén esa vida cultural presente e en constante movemento. Entendemos que esta necesidade de creación ten que ter unha retroalimentación directa coa administración local ourensá, que actúe como ente facilitador e non como opresor para a cultura e o desenvolvemento artístico de todas e todos. Para iso, crearemos unha rede cos distintos espazos municipais (Espazo Lusquiños, centros cívicos, escola municipal de artes escénicas, museo municipal, museo arqueolóxico, prazas, auditorio municipal, biblioteca municipal, etc.) onde toda persoa que precise tanto o espazo físico como os equipamentos necesarios para as diferentes actividades que desexen realizar atopen, de xeito sinxelo todos os elementos necesarios para seguir mantendo a Ourense como referente cultural. Do mesmo xeito, melloraremos e adaptaremos a accesibilidade dos diferentes espazos, así como a difusión dos diferentes eventos culturais:

  • Protexeremos o patrimonio cultural ourensán en todas as súas variantes e manifestacións.
  • Recuperaremos e ampliaremos todas as actividades culturais abolidas polas políticas anti-culturais do PP, como o festival sen batuta ou o outono fotográfico.
  • Dentro da participación e transparencia, someteremos á elección da cidadanía a selección e o deseño da carteleira para anunciar eventos.
  • Impulsaremos unha xestión pública da cultura transparente, democrática e redistributiva
  • Auditaremos os grandes equipamentos culturais co fin de garantir prácticas transparentes e democráticas comúns.
  • Conseguiremos que os colectivos e cooperativas de artistas estean presentes nos padroados das grandes institucións da cidade.
  • Potenciaremos a reasignación progresiva de recursos dos grandes equipamentos cara a equipamentos de proximidade.
  • Promoveremos unha política de subvencións, convenios e licitacións que reequilibre a desigual distribución dos recursos culturais e a súa descentralización por barrios.
  • Fomentaremos a creación de infraestruturas de proximidade con participación público – comunitaria nos diferentes barrios da cidade e a autoxestión veciñal.
  • Impulsaremos a investigación especializada no campo cultural que conecte con outros ámbitos e áreas que teñan que ver coa calidade de vida dos cidadáns (a educación, a participación cidadá, o urbanismo e o espazo público, a festa e as tradicións populares, a tecnoloxía, o coñecemento ou a innovación).
  • Políticas de futuro para a mocidade. Ourense debe ser unha cidade atractiva para a mocidade, da que os nosos mozos non teñan que fuxir en busca dun futuro. O Concello de Ourense debe ofrecer un plan de futuro atractivo para a mocidade, freando así o envellecemento e a perda de habitantes. Para iso, apostamos por medidas no eido da mocidade e por fomentar medios de lecer alternativos.
  • Dedicaremos máis recursos ao control, inspección e sancións polo incumprimento das normas vixentes en materia de venda de alcol e tabaco a menores.
  • Controlaremos o acceso aos locais onde non poden entrar menores, así como horarios de peche.
  • Levaremos a cabo campañas constantes, baseadas sempre na prevención e a educación, para concienciar dos riscos do consumo de alcol e tabaco, así como do resto drogas. De igual xeito proceder coas adicións ás novas tecnoloxías e coa ludopatía.
  • Realizaremos un estudo que profundice nas causas, factores e situacións que favorezan o consumo de alcol e tabaco por parte da mocidade. Co devandito estudo tomaríanse medidas para evitar estas situacións.
  • Incremento considerable de recursos para habilitar espazos de lecer alternativo en fins de semana, incluídas as noites (deporte, videoxogos, talleres de música e teatro, etc.)
  • Aposta por unha web da mocidade e por información no resto de redes sociais que inclúa información de actividades e recursos municipais para este grupo de cidadáns.
  • Implementaremos e dotar espazos onde se desenvolvan actividades para a mocidade. Fomentar a contratación de persoal destinado á animación e atención a este grupo.
  • A empresa municipal de vivenda e solo deberá reservar unha porcentaxe de vivendas de alugueiro social a persoas novas.
  • Crearemos espazos de coworking para a mocidade onde ofrecer una oportunidade de lanzar proxectos persoais, desenvolver ideas, fomentar a innovación, coñecer outros proxectos, etc.
  • Crearemos unha bolsa de emprego novo municipal.
  • Impulsaremos a creación de consellos da mocidade locais.
  • Crearemos o foro da infancia e o foro xuvenil para fomentar a participación política de ambos os colectivos.
  • Revitalizar o deporte municipal
  • Ampliaremos as zonas deportivas municipais para o desenvolvemento das actividades deportivas.
  • Instalaremos mini canchas deportivas infantís (prefabricadas)
  • Apostaremos por deportes alternativos, na liña de discriminación positiva. O fútbol non necesita mais axudas, pero outros deportes si.
  • Apostaremos por subvencionar o deporte feminino, o deporte de base, deportes minoritarios (hockey, etc).
  • Diferenciar claramente o deporte de lecer do “profesional” ou de “competición”, “federado”, etc.
  • Fomentaremos encontros deportivos mensuais escolares de modalidades deportivas de carácter educativo que aúnen actividade física, inclusión e coeducación, buscando a máxima participación, fomentando valores de igualdade, cooperación, inclusión, respecto e desenvolvemento da autoestima.

Ourense debe ser unha cidade atractiva para a mocidade, da que os nosos mozos non teñan que fuxir en busca dun futuro. O Concello de Ourense debe ofrecer un plan de futuro atractivo para a mocidade, freando así o envellecemento e a perda de habitantes. Para iso, apostamos por medidas no eido da mocidade e por fomentar medios de lecer alternativos

Traballar por un turismo sustentable

Os gobernos municipais deben buscar a redución dos impactos ambientais do turismo, asegurarse unha ampla diversidade de formas turísticas e integrar máis armónicamente as necesidades do turista e as da poboación local. Para iso manterán equilibrado o territorio municipal e incrementarán a integración do turista coas características sociais e culturais locais.

O turismo sustentable necesita contemplar as condicións actuais e as perspectivas futuras para definir unha estratexia de sustentabilidade viable no social, ambiental e económico. A oferta turística debe integrar todos os recursos locais, ecolóxicos, culturais, monumentais, artísticos, gastronómicos, folklóricos, etc., e abrirse desde o local ao contexto temporal e aos espazos territoriais comarcais e rexionais próximos, dimensionando os aspectos temporais para reducir ou eliminar a estacionalidade.

A oferta turística debe integrar todos os recursos locais, ecolóxicos, culturais, monumentais, artísticos, gastronómicos, folklóricos, etc., e abrirse desde o local ao contexto temporal e aos espazos territoriais comarcais e rexionais próximos, dimensionando os aspectos temporais para reducir ou eliminar a estacionalidade

Fomentar o asociacionismo

Medios de comunicación para a cidadanía. Entendemos que Ourense é unha cidade viva, en constante evolución e desenvolvemento, polo tanto, debemos favorecer e facilitar canles de comunicación directa entre as asociacións de veciñas, as asociacións culturais, xuvenís, animalistas, feministas etc e as institucións. Ourense é unha cidade na que todas temos dereito a ser escoitadas e, sobre todo, unha cidade na que todas as necesidades teñen que ser resoltas polo órgano municipal. Estas canles serán colaborativas tanto cas institucións como nas diferentes asociacións, para tender pontes entre elas e que as achegas sexan comunais e cohexionadas entre todas.

Pensamos que cada barrio debe ser tratado de una forma específica, xa que cada un ten a súa propia idiosincrasia, para isto crearemos concelleiros de barrios e designaremos unha tenencia de alcaldía para o barrio da Ponte

Debemos favorecer e facilitar canles de comunicación directa entre as asociacións de veciñas, as asociacións culturais, xuvenís, animalistas, feministas etc e as institucións. Ourense é unha cidade na que todas temos dereito a ser escoitadas e, sobre todo, unha cidade na que todas as necesidades teñen que ser resoltas polo órgano municipal

comentarios