PROGRAMA

Construimos futuro para a cidade, que mire por todas e todos

Future for all
Presentamos un proxecto de cidade no que a historia comece a escribirse avanzando cara a un futuro entre todas e todos, man con man.
Construimos futuro para a cidade, que mire por todas e todos

Nas eleccións municipais do próximo 26 de maio haberá tres opcións: calquera dos dous partidos do baltarismo (PP e Cidadáns), o PSOE ou Unidas Podemos – Esquerda Unida.

Os partidos baltaristas queren manternos nunha cidade á que lle custa mirar ao futuro, deixando escapar ao seus mozos sen ofrecerlles nada para quedar e descoidando ás súas xentes. Queren que Ourense siga estancada, sen avanzar, para manter os seus casaríos e chiringuitos.

Unidas Podemos - EU pon enriba da mesa a problemática de todas as ourensás e ourensáns, dos pensionistas, dos mozos que se ven obrigados a abandonar a nosa cidade ao atoparse sen oportunidades para ter unha vida digna

Como é natural, isto xera emigración e desencanto na cidadanía. Fronte a ese desencanto, o PSOE representa a reacción máis conservadora: manter o que hai, non avanzar como cidade, como vimos na anterior corporación, con non menos escándalos. Cada vez que hai que enfrontarse ás eléctricas, á banca ou aos fondos voitre para defender os dereitos da xente, ao PSOE trémenlle as pernas e, como se viu, son pouco de fíar, porque cando din que NON é NON, logo transfórmase nun SI.

A terceira opción o 26 de maio é Unidas Podemos – Esquerda Unida, que, fronte ao estancamento que producen os dous partidos do baltarismo, pon enriba da mesa a problemática de todas as ourensás e ourensáns, dos pensionistas, dos mozos que se ven obrigados a abandonar a nosa cidade ao atoparse sen oportunidades para ter unha vida digna.

A mellor maneira de mirar cara ao futuro é construír unha cidade que mire pola maioría, e non só polos amiguetes de Baltar, non nos conformamos con «o que hai»

As persoas que sabemos que a mellor maneira de mirar cara ao futuro é construír unha cidade que mire pola maioría, e non só polos amiguetes de Baltar, non nos conformamos con «o que hai». Temos un proxecto de cidade valente. Un proxecto de cidade que confía no noso pobo para afrontar os retos e as oportunidades máis importantes do noso tempo e que o fai coidando á xente traballadora e poñendo a vida no centro.

Este programa que tes nas túas mans debuxa ese Ourense mellor que uns nos veñen roubando hai tempo e que outros non se atreven a construír. O baltarismo que queren continuar o PP e Cidadáns levounos a ser a cidade sen futuro que hoxe somos, O PSOE non foi capaz de reverter esas políticas nos seus mandatos e, ante iso, presentamos un proxecto de cidade no que a historia comece a escribirse avanzando cara a un futuro entre todas e todos.

Temos un proxecto de cidade valente. Un proxecto de cidade que confía no noso pobo para afrontar os retos e as oportunidades máis importantes do noso tempo e que o fai coidando á xente traballadora e poñendo a vida no centro