PROGRAMA

Candidatura de Unidas Podemos - EU ao Concello de Ourense: A túa forza é a alternativa

Unidas Podemos - EU presenta a súa alternativa para gobernar o Concello de Ourense. Un proxecto dirixido a construir un futuro para a nosa cidade, para poñer á nosa urbe no lugar que se merece, para inserila no mundo e traela -non sen tempo- ao século XXI, sentando as bases dun desenvolvemento sostible que non deixe a ningúen de lado. 

Collage
David Alvarado Roales, candidato á alcaldía, acompañado dos membros da lista electoral da candidatura de Unidas Podemos - EU.
Candidatura de Unidas Podemos - EU ao Concello de Ourense: A túa forza é a alternativa

O proxecto de Unidas Podemos - EU para o Concello de Ourense aspira a consolidar as bases dun desenvolvemento susceptible e xenerar oportunidades e poñer fin á sangría demográfica, para que os nosos xoves xa non teñan que emigrar e para que retornen aqueles que o desexen. Un proxecto para todas, que non deixe a ninguén esquecido, no que as nosas veciñas e veciños se sintan interpelados e concernidos na toma de decisións e na xestión cotiá do Concello, non tan só unha vez cada catro anos!

O proxecto de Unidas Podemos - EU para Ourense contempla medidas realistas que ten moi presente as acuciantes necesidades actuais pero que atende tamén ao medio e longo prazo, con propostas para implementar cambios de orde estructural e mesmo transversal

Coma toda unha declaracion de intencións, a posta de longo da nosa alternativa, o pasado 8 de maio, fíxose no corazón do barrio da Ponte porque, fronte á retórica e promesas vagas dos nosos adversarios, que se enchen a boca co que faga falta con tal de gañar un feixe de votos pero sen a menor intención de concrección; para nós os barrios e os seus veciños, que é onde realmente reside o cerne e a forza da nosa cidade, son os eixos fundamentais nos que asentar os cimentos do noso proxecto de porvir.

Máis aló dunha suma de ocorrencias, a cada cal máis altisoante e extemporánea na boca de falabaratos que só persiguen chamar a atención, o proxecto de Unidas Podemos - EU para Ourense contempla medidas realistas que ten moi presente as acuciantes necesidades actuais pero que atende tamén ao medio e longo prazo, con propostas para implementar cambios de orde estructural e mesmo transversal.

O interese duns poucos, o clientelismo, a corrupción, falta de transparencia e mediocridade dos nosos dirixentes xa non pode ser nunca máis a xustificación da parálise da nosa cidade

Porque o interese duns poucos, o clientelismo, a corrupción, falta de transparencia e mediocridade dos nosos dirixentes xa non pode ser nunca máis a xustificación da parálise da nosa cidade. Porque é urxente dignificar a acción e capacidades do Concello de Ourense, chamado a ser un vector de cambio e dinamización da nosa urbe. Porque Ourense merece ocupar un lugar privilexiado en Galiza, no Estado, en Europa e no mundo, deixando de ser a vítima e obxecto pasivo da globalización, e asumindo dunha vez por todas o seu destino entre as súas propias mans.

Con mulleres e homes capacitados, motivados e traballadores, sen hipotecas ou servidumes de ningún tipo que poidan lastrar a súa acción, movidas soamente pola vontade de mellorar o cotiá da nosa cidade, a candidatura de Unidas Podemos - EU é a única en disposición de poñer a Ourense no centro do debate a todos niveis da política institucional, xa sexa en Santiago, Madrid ou en Bruxelas, que é onde realmente se dirimen as grandes decisións.

A nosa candidatura é a única en disposición de poñer a Ourense no centro do debate a todos niveis da política institucional, xa sexa en Santiago, Madrid ou en Bruxelas, que é onde realmente se dirimen as grandes decisións