PROGRAMA

Participación democrática e intelixencia colectiva

Democracy
Abriremos un proceso de participación cidadá para pensar, debater e conformar entre todos as prioridades e actuacións a implementar na nosa cidade.
Participación democrática e intelixencia colectiva

O programa de Unidas Podemos – Esquerda Unida non é unha suma de ocorrencias, a cada cal máis fascinante e sorprendente, chamadas a interpelar ao elector pero sen intención algunha de mellorar o cotiá da cidadanía ou pensando no medio e longo prazo. Xa é hora de que o noso benquerido Ourense pase páxina de partidos ao servizo dos seus amos e de emprendedores políticos que traen baixo o brazo un feixe de promesas electoralistas máis ou menos acaídas e altisonantes. É hora de que Ourense sexa obxecto dun proxecto político completo e coherente imbuído dunha clara visión para a nosa cidade: Un programa dinámico, aberto e participativo froito da intelixencia colectiva de veciñas e veciños da nosa urbe chamadas a guiar a acción de Unidas Podemos – Esquerda Unida á fronte do Concello durante os vindeiros anos.

É hora de que Ourense sexa obxecto dun proxecto político completo e coherente imbuído dunha clara visión para a nosa cidade: Un programa dinámico, aberto e participativo froito da intelixencia colectiva de veciñas e veciños da nosa urbe

O noso programa preséntase coma un instrumento de diálogo e interacción cidadá sobre a base de medidas que dan prioridade ao ben común, á xustiza social, á equidade e ao desenvolvemento sostible, transversais, susceptibles de dar resposta a varias problemáticas á vez. Abriremos un proceso de participación cidadá para pensar, debater e conformar entre todos as prioridades e actuacións a implementar na nosa cidade. É imprescindible que a cidadanía se implique na vida política, polo cal introduciremos mecanismos de interacción, seguimento e rendemento de contas con constantes achegas de cidadáns, colectivos, entidades, institucións, técnicos e profesionais.