Imprimir

Un Ourense para vivir e traballar

Unidas Podemos Ourense | 17 de maio de 2019

GPS 01
GPS 01

Porque una cidade xusta ten que proporcionar as bases para que os seus cidadáns poidan vivir, convivir e traballar en iguais condicións.

Elaborar un plan de loita contra o desemprego

Moitas ourensás e moitos ourensáns sofren dende hai anos a lacra do desemprego e unha porcentaxe elevada de persoas, aínda traballando, perciben salarios mínimos. Hai que diversificar a actividade económica e reorientar o modelo produtivo para facelo máis xusto social e ambientalmente. Adoptar liñas de actuación claras para deter e reverter a tendencia.

  • Para iso, apostamos pola creación dun viveiro de empresas na Praza de Abastos da Ponte con vocación ourensá.
  • Posta en marcha dun programa de formación e creación de emprego descentralizado por distritos e con participación comunitaria. Este programa concentrarase na rehabilitación enerxética e urbana, prevención e xestión sostible de residuos, apoio e fornecemento do tecido comercial de proximidade, atención e coidado das persoas (especialmente nenos, persoas maiores e persoas con dependencia); fomento da economía cooperativa e da súa actualización tecnolóxica.
  • Deseñar medidas específicas para pemes e autónomos
  • concello de Ourense informará ao pequeno comercio da oferta de contratos menores que se vaian xerando co obxectivo de reforzar a sustentabilidade que xera este tipo de tecido social polo seu carácter de proximidade.
  • Aplicaranse deducións nos impostos municipais ás PEMES e autónomos para axudar á súa actividade comercial
  • Limitar o horario comercial de atención ao público para que as grandes superficies non contes cunha vantaxe sobre as PEMES e os autónomos ourensáns.
  • Creación dun organismo municipal que promova o desenvolvemento nos barrios.
  • Creación dun bono mensual de aparcadoiro para os autónomos que utilizan o seu vehículo para traballar

Aspiramos a crear un viveiro de empresas na Praza de Abastos da Ponte con vocación ourensá e a poñer en marcha dun programa de formación e creación de emprego descentralizado por distritos e con participación comunitaria

Atención especial ao sector do TAXI local xa que pensamos que, diante da posible chegada de plataformas como UBER ou CABIFY, é imprescindible protexelo, para o cal propoñemos:

  • Rescate de licenzas por parte do concello tras a xubilación do titular da mesma e otorgacion segundo oferta e demanda do sector.
  • Aumento do control sobre titulares de licenza, condutores e vehículos para que sexan máis eficientes.
  • Homologación dun vehículo único adaptado ás necesidades do usuario do taxi e da cidade de Ourense sendo de baixas emisións.
  • Incorporación dun vía telemática tipo App municipal para solicitude do servizo de taxi apoiada polo concello, ofrecendo maior calidade do servizo aos clientes e reducindo os tempos de espera.
  • Saneamento e adecuación das paradas de taxi.
  • Revisión periódica dos coñecementos do profesional, así como das súas facultades físicas e sensoriais.
  • Reordenación dos días de libranza a fin de poder conciliar a vida profesional e persoal dos profesionais do taxi.
  • Negociación por parte do concello con provedores de carburantes, talleres, aseguradoras, etc, a fin de poder reducir os custos de explotación.
  • Creación dun oficina virtual do taxi para ofrecer unha relación mais estreita e eficiente entre profesional, usuario e administración.
  • Aumento do número de carrís bus-taxi, ofrecendo maior fluidez de circulación ao taxi reducindo o tempo por servizo e por tanto o importe do mesmo.
  • Os vehículos con licenzas VTC terán que respectar un radio de 250 metros con respecto ás paradas de taxi, non podendo recoller a ningún pasaxeiro dentro dese radio.
  • Creación de Bonos Sociais con descontos para Taxis.
  • Promocións para persoas que utilicen o servizo do Taxi pola noite.
  • Revisar as subvencións de Eurotaxi e poñelas ao día.

Atención especial ao sector do TAXI local xa que pensamos que, diante da posible chegada de plataformas como UBER ou CABIFY, é imprescindible protexelo

Traballar na democratización do acceso á vivenda

  • Evitar os desafiuzamentos por motivos económicos. Aumentar os recursos do departamento de vivenda para que poida previr os desafiuzamentos e realizar o acompañamento das familias afectadas. O servizo impulsará procedementos de negociacións cas persoas propietarias da vivenda co obxectivo de conseguir un alugueiro social que impida os desafiuzamentos.
  • Facilitar a representación e interlocución entre persoas afectadas e acredores. Establecer unha mesa de negociación con entidades financeiras, fondos voitres e grandes propietarios para conseguir que as familias que non poden facer fronte ao pagamento da súa hipoteca ou do alugueiro poidan quedarse na súa casa en réxime de alugueiro social. O consistorio denunciará publicamente ás entidades financeiras, fondos voitres e grandes propietarios que non se amosen favorables a unha negociación, estudando outras medidas de presión, como a de deixar de operar coas entidades bancarias afectadas.
  • Garantir o apoio, atención e seguimento ás pequenas propietarias que se vexan afectadas por impagos de alugueiro. O Concello estudará os motivos do impago e, en caso de que se trate de persoas arrendatarias con dificultades económicas xustificadas, promoverán o alugueiro social da vivenda e mediará para que os/as pequenos/as propietarios/as non se vexan afectadas, establecendo axudas para o pago do alugueiro.
  • Garantir realoxamentos axeitados. Traballaremos para ampliar o parque de vivenda social a través de medidas como multas a pisos baleiros en poder de bancos, a construción de vivendas de alugueiro social, rehabilitación de vivendas e promoción de inmobles en espazos derruídos en perímetro urbano. Creación dunha bolsa de vivendas de aluguer.

Evitar os desafiuzamentos por motivos económicos. Aumentar os recursos do departamento de vivenda para que poida previr os desafiuzamentos e realizar o acompañamento das familias afectada

Aposta por un urbanismo ao servizo da cidadanía

  • Promoción da 'vivenda social' fronte á 'vivenda libre', incluíndo ambas na planificación urbana dos barrios, evitando así xerar guetos de casas baratas e zonas de exclusión social. Promoción da vivenda pública de aluguer fronte á vivenda en propiedade, liberando ás persoas do endebedamento inmobiliario.
  • Impulso do plan urbanístico como función pública ao servizo dos dereitos da cidadanía asegurando a debida protección ao chan non urbanizable en aras a garantir un medio ambiente natural para goce de todas as persoas.
  • Promoción da cidade compacta fronte á cidade difusa, propondo a planificación territorial como enfoque supra municipal, que debe perseguir o re equilibrio territorial, os niveis de codecisión e os obxectivos de preservación e conservación do medio natural.
  • Así mesmo, é absolutamente necesario vincular paisaxe e territorio. Reivindicamos a planificación desde o coñecemento da paisaxe como elemento configurador das dinámicas territoriais. Por iso, e loitando contra os procesos de gentrificación, defendemos o patrimonio cultural-artístico construído, pero tamén a protección de 'zonas de carácter' das cidades.

Promoción da 'vivenda social' fronte á 'vivenda libre', incluíndo ambas na planificación urbana dos barrios, evitando así xerar guetos de casas baratas e zonas de exclusión social. Promoción da vivenda pública de aluguer fronte á vivenda en propiedade, liberando ás persoas do endebedamento inmobiliario

A rehabilitación de vivendas debe efectuarse con criterios de eficiencia enerxética e ter como obxectivos:

  • Diminuír as emisións de CO2 e outros gases con efecto invernadoiro do sector.
  • Reducir a factura enerxética dos fogares e empresas.
  • Crear postos de traballo, absorbendo parte do desemprego do sector.
  • Reducir a dependencia enerxética de España.
  • Mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas e de saúde nos centros de traballo.

Avanzar cara un modelo de transporte público integral e sostible

Unidas Podemos-Esquerda Unida propón impulsar o transporte sustentable, comezando por reducir a necesidade de transporte e baseando os servizos e infraestruturas no criterio de que a función do transporte é crear accesibilidade aos bens, servizos e contactos coas demais persoas provocando a mínima mobilidade, independentemente do lugar onde se viva, da capacidade adquisitiva que se teña, da idade ou do xénero, e facelo sen xerar máis mobilidade que a estritamente necesaria cun sistema de transporte multimodal de carácter universal e público.

A pé, en bicicleta e patinete eléctricos, e en tren, como modos e medios fundamentais, e automóbil, moto, camión, autobús, avión, tren de alta velocidade, como modos e medios complementarios. E coa consideración de integral sinalamos que o sistema de transporte ha de coordinar todos os modos e medios de forma que os complementarios sirvan para reforzar a actividade dos fundamentais, e que as tarifas e os horarios xeren coherencia, dispoñibilidade, fiabilidade e calidade de transporte.

  • Modernizar e aumentar liñas e frecuencias dos autobuses urbanos.
  • Revisar o contrato de concesión e se procede, remunicipalizar o servizo
  • Renovar a flota de autobuses priorizando o uso de transportes ecolóxicos
  • Iluminar mellor os pasos de peóns.
  • Acceso ao hospital. As ambulancias non poden competir cos vehículos particulares, polo tanto, debemos crear un carril e un acceso que sexa exclusivo para ambulancias
  • Rebaixe de todas as beirarrúas
  • Modernizar a cidade para que sexa accesible ás persoas con mobilidade reducida
  • Estudar e abordar a peatonalización de todo o centro dende a ponte nova ate a ponte novísima con parkings disuasorios nas entradas con seguridade, e con transporte públicos. Estudar a peatonalización dunha rúa por barrio como proxecto piloto.
  • Converter o transporte público nun sistema único intermodal que integre tanto o bus como a bicicleta como os novos vehículos ecolóxicos (patinete eléctrico, hoverboard, bicicleta eléctrica)
  • Completar os traxectos dos buses urbanos, a través dun proceso participativo á hora de definir paradas e promover a extensión de novos recorridos.
  • Mellorar a oferta dos buses de barrio, restablecendo a circulación en domingos e días festivos á totalidade das súas líñas
  • Crear unha rede de carrís para os vehículos eléctricos e bicicletas para favorecer a seguridade tanto en peóns como en condutores
  • Establecer unha normativa de seguridade vial que regule a condución destes vehículos.
  • Crear un parque municipal de aluguer de bicicletas eléctricas, patinetes eléctricos e hoverboards.

Imos impulsar o transporte sustentable, comezando por reducir a necesidade de transporte e baseando os servizos e infraestruturas no criterio de que a función do transporte é crear accesibilidade aos bens, servizos e contactos coas demais persoas provocando a mínima mobilidade, independentemente do lugar onde se viva, da capacidade adquisitiva que se teña, da idade ou do xénero, e facelo sen xerar máis mobilidade que a estritamente necesaria cun sistema de transporte multimodal de carácter universal e público

Promover a agricultura de proximidade e ecolóxica

  • Reconectar o pobo e a cidade, impulsando a produción, distribución e consumo de alimentos ecolóxicos, estacionais e de proximidade. Promover a compra pública de alimentos con criterios de proximidade, ecoloxía e comercio xusto que contribúa á redución do derroche alimentario mediante os ciclos de distribución curtos.
  • Reforzar o papel das Prazas de Abastos en favor do tecido social e económico local.
  • Crear novas canles de participación, deliberación e decisión sobre as estratexias alimentarias municipais que sexan transparentes e democráticas.
  • Impulsar os ortos urbanos de autoconsumo e os xardíns alimentarios.
  • Recoñecer a función social do campesiñado a través do apoio a bancos e feiras de intercambio de sementes e á promoción da produción ecolóxica nos mercados municipais e nos mercados de campo.
  • Por en marcha campañas informativas sobre produtos locais agroecolóxicos.

Reconectar o pobo e a cidade, impulsando a produción, distribución e consumo de alimentos ecolóxicos, estacionais e de proximidade. Promover a compra pública de alimentos con criterios de proximidade, ecoloxía e comercio xusto que contribúa á redución do derroche alimentario mediante os ciclos de distribución curtos

Destacar o uso de enerxías verdes e loitar contra a pobreza enerxética

Somos conscientes da necesidade de cambiar o modelo enerxético actual cara a un modelo sustentable, loitando de maneira activa contra o quecemento global e apostando por reducir o gasto enerxético e non participar nos circuítos das enerxías contaminantes, como as nucleares ou as térmicas.

O noso compromiso co planeta e coas xeracións futuras debe ir encamiñado a unha substitución completa na forma de abastecer de enerxía á nosa cidade.

  • Apostamos pola creación dunha comercializadora municipal de enerxía eléctrica renovable, que acudiría á poxa do mercado eléctrico que fixa as tarifas para adquirir a enerxía necesaria para o primeiro ano acender a iluminación pública e, a partir do segundo, incluír tamén os edificios municipais. Con isto, aforraríanse os custes dos intermediarios e poderíase decidir que facer coas marxes de beneficio: xerar un aforro directo para o Concello, investilo en accións de eficiencia enerxética ou destinalo a políticas dirixidas a erradicar a pobreza enerxética. Así mesmo, impulsaríase a soberanía enerxética coa municipalización do servizo, xa que se tería o control sobre a enerxía que se merca sen estar a expensas do control das grandes eléctricas.
  • Defendemos a enerxía verde e a intención de que o 100% da enerxía consumida polo Concello sexa deste tipo.
  • Crearemos axudas ao pago de enerxía para persoas en situación ou risco de pobreza
  • Realizaremos unha auditoría de eficiencia enerxética en cada dependencia municipal
  • Asumir o coidado e promoción dos parques e áreas verdes. Ourense debe ser unha cidade referente e exemplar en crear unha contorna sustentable e en concordancia coa contorna natural que lle rodea, ademais debe ser unha cidade cómoda e accesible para as persoas que a habitan e que a visitan.
  • É imprescindible que a cidade de Ourense sexa respectuosa co medio e sustentable. Por iso, queremos traballar para que a maior porcentaxe das enerxías empregadas na cidade sexan renovables e pouco invasivas para a cidade e económicas para os cidadáns.
  • Vemos imprescindible repoboar as zonas verdes que actualmente se atopan maltratadas polas institucións con especies endémicas. Esta cidade sufriu unha tala masiva de árbores debido ao pouco coidado e nefasto tratamento por parte do equipo de goberno local, así que propoñemos que de agora en diante por cada árbore talada, se planten 5 máis con especies endémicas.
  • Crear unha planta de compostaxe, reciclando toda a materia orgánica das vivendas, convertida en compostaxe, que abaratará o recibo do lixo e servirá para abonar parques e xardíns, e calquera espazo que o requira,

Apostamos pola creación dunha comercializadora municipal de enerxía eléctrica renovable, que acudiría á poxa do mercado eléctrico que fixa as tarifas para adquirir a enerxía necesaria para o primeiro ano acender a iluminación pública e, a partir do segundo, incluír tamén os edificios municipais

Eliminar especies invasoras dos nosos parques e xardíns

  • Remunicipalizar a xestión de “parques e xardíns” dunha forma sustentable e respectuosa co medio ambiente, non cometer máis atentados contra a natureza como os que ocorren en cada espazo verde de Ourense (praza San Marcial como último exemplo).
  • Conservación dos ecosistemas fluviais.
  • Parques para a xente maior adaptados: explicación dos exercicios, monitores, pictogramas explicativos, con linguaxe aumentativo.
  • Conservación e mantemento continuo.
  • Crear e ampliar as zonas de xogo e ter un mantemento adecuado.
  • Recuperar o viveiro municipal.
  • Deseñar parques con cuberta para os meses de inverno
  • Crear unha praia artificial para os meses de verán.

Remunicipalizar a xestión de “parques e xardíns” dunha forma sustentable e respectuosa co medio ambiente, non cometer máis atentados contra a natureza como os que ocorren en cada espazo verde de Ourense, como na praza de San Marcial, por exemplo

No ámbito da xestión de residuos, o primeiro paso é reducir a súa cantidade, proceder á re utilización da maior parte dos xerados e, en terceiro lugar, a aposta pola reciclaxe.

  • Defendemos a xestión pública dos residuos tratándoos como materiais recuperables e re utilizables. Opómonos á incineración de residuos, tanto se se recubre de eliminación coma se fai de 'valorización'.
  • Apostamos polas recollidas selectivas de residuos en orixe, sendo esta a forma máis eficaz de comezar o correcto tratamento dos residuos.
  • Insistimos no impulso á Estratexia Residuo 0: recollida porta a porta (orgánico vs resto, recollida separada en fraccións), compostaxe de calidade, centros locais de reutilización e reciclaxe, investigación e incidencia en fracción non reciclable, incentivos fiscais ou sistema de depósito e retorno.

No ámbito da xestión de residuos, o primeiro paso é reducir a súa cantidade, proceder á re utilización da maior parte dos xerados e, en terceiro lugar, a aposta pola reciclaxe

Mellorar as situacións dos corpos de seguridade cidadá, nomeadamente a Policía Local e dos Bombeiros.

Dende Unidas Podemos Esquerda Unida pensamos que quen se encarga de velar pola seguridade na nosa cidade ten que contar cos medios necesarios para que o seu traballo poida ser realizado coa maior eficiencia posible e comprometémonos a dotar dos medios necesarios tanto á Policía Local e como ao Corpo de Bombeiros.

  • Policía Local. O noso corpo de seguridade atópase nunha situación precaria. O persoal xa se atopa por baixo dos ratios recomendados: Na escala básica están catalogados un total de 124 postos na RPT pero só hai 97 axentes dispoñibles a día de hoxe. A relación de postos de traballo contempla dez prazas de oficiais ou cabos, das que só hai catro ocupadas. Na categoría de inspectores, están cubertas 3 dos 5 postos previstos. A maiores, na nosa cidade hai 21 axentes da escala básica que poderían xubilarse, a mesma situación na que están os tres inspectores principais e o superintendente e ex xefe. Pensamos que é unha cuestión de responsabilidade que o goberno da cidade dote ao corpo dos medios materiais (chalecos antibalas, walkie-talkies, etilómetros,etc.) e humanos necesarios, incorporando persoal ata cumprir coa recomendación da UE de 1,8 axentes por cada 1.000 habitantes.
  • Bombeiros. O corpo de bombeiros da nosa cidade atópase nunha situación de abandono total por parte da administración, similar á da Policía Local en canto a medios materiais e humanos. En Ourense existe un serio perigo en canto á posibilidade de que xurdan dous incendios simultáneos, xa que o corpo de Bombeiros non ten os medios humanos necesarios para cubrilos, cun goberno local actual que incumpre desde hai anos a ratio de persoal recomendada pola UE dun bombeiro por cada 1.000 habitantes. O corpo de bombeiros viu reducido nos últimos 4 anos os seus efectivos de 54 a 49, moi lonxe dos 72 que eran hai uns anos e mais lonxe aínda dos 105 que recomenda a UE para Ourense.O goberno local debe velar pola seguridade cidadá e comprometémonos a dotar aos bombeiros dos medios materiais (traxes para parar a praga de velutinas, camións, cascos, etc.) e humanos necesarios para que a protección dos cidadáns sexa eficiente e para que os nosos bombeiros non teñan que poñer en risco as súas vidas en cada saída.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/programa/8_-ourense-vivir-traballar/20190517021310000885.html


© 2020 Unidas Podemos Ourense

unidaspodemos.ourense@gmail.com